O xoves, día 29 de febreiro de 2024, ás 16:30 h., celebrouse reunión ordinaria da Comisión Económica do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:
ORDE DO DÍA
- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (21.12.2023).
Apróbase por asentimento. - Informe do presidente.
- Liquidación provisional do orzamento da Universidade de Vigo correspondente ao exercicio 2023. Carta de avance de auditoría. Presentación do cálculo provisional do remanente do exercicio 2023.
Infórmase favorablemente a liquidación. - Confirmación ou elección dun novo ámbito para a realización dun informe de auditoría operativa de procedementos e sistemas, na Universidade de Vigo.
A Comisión acorda encargar unha auditoría operativa sobre “Intervención”. - Asignación de retribucións adicionais. Resolución relativa ao complemento de excelencia curricular docente e investigadora 2022.
Apróbase a asignación. - Informe que proceda sobre a modificación puntual da RPT da Universidade de Vigo, conforme aos seus estatutos. Modificación de niveis de complementos de destino.
A Comisión dáse por informada. - Control e seguimento de competencias: aplicación do Regulamento de xestión do patrimonio da Universidade de Vigo: Doazóns bens mobles amortizados ou obsoletos (art. 20.4); Doazóns menores e correntes (art. 25.2); Arrendamentos (art. 26).
A Comisión dáse por informada. - Control e seguimento de competencias: aplicación da normativa de xestión de espazos universitarios. Informe sobre as dispensas de pago concedidas pola Xerencia (art.3).
A Comisión dáse por informada. - Aprobación, se procede, dos prezos das residencias de estudantes para o curso 2024/2025, consonte proposta do Consello de Goberno.
Apróbanse os prezos. - Aprobación, se procede, da publicación da omisión dunha páxina da proposta recibida no seu momento das tarifas dos servizos do Centro de apoio á investigación (CACTI).
Apróbase a publicación. - Informe sobre os convenios asinados pola Universidade de Vigo en decembro de 2023 e xaneiro de 2024.
A Comisión dáse por informada. - Rogos e preguntas.
Intervén o Presidente.
Acta da Comisión Económica do 29-02-2024
Documento PDF, 171 KB