Comisión de actividades e servizos

A Comisión aproba ou asigna diversas axudas, achegas, apoios, patrocinios e colaboracións para unha variedade de eventos, actividades e proxectos

2024-03-11T10:06:39+00:0022 de Febreiro de 2024|Comisión de actividades e servizos|

O xoves, día 22 de febreiro de 2024, ás 12:00 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión de Actividades e Servizos do Consello Social da Universidade de Vigo, co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (26.09.2023).
    Apróbase por asentimento.
  2. Informe do presidente.
  3. Aprobación, se procede, da asignación das axudas previstas na convocatoria de Prácticums do Consello Social, correspondente a 2024.
    Infórmase favorablemente para a súa elevación ao Pleno.
  4. Proposta de renovación do convenio para a realización dos traballos de mantemento e actualización continua dos contidos textuais e gráficos da web do Consello Social, e do mantemento informático.
    Apróbase.
  5. Aprobación, se procede, da realización dun estudo para medir o impacto socioeconómico e o valor social da UVigo, e avanzar na RSC da institución.
    Asígnase unha achega.
  6. Acordo que proceda sobre a solicitude de apoio á Feira EMPREGO in CAMPUS, promovida pola Vicerreitoría de Estudantado e Empregabilidade.
    Apróbase un apoio.
  7. Acordo que proceda sobre a proposta de colaboración presentada pola Vicerreitoría do Campus de Pontevedra para desenvolver actividades en 2024.
    A comisión propón conceder unha achega.
  8. Acordo que proceda sobre a petición de patrocinio do Instituto de Estudos Vigueses ao Consello Social para as actividades previstas no Forum IEV 2024.
    Apróbase o patrocinio.
  9. Acordo que proceda sobre a solicitude de colaboración presentada pola Escola de Enxeñaría Industrial para organizar a sétima edición do Concurso de Robots para fomentar as actividades STEAM en colexios e institutos.
    Asígnase unha axuda.
  10. Acordo que proceda sobre o apoio económico solicitado pola Delegación de alumnos da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, para reunir en Vigo o Consello Nacional de Estudantes de Dereito.
    Apróbase o apoio.
  11. Acordo que proceda sobre a colaboración no patrocinio dun Premio de Innovación Social, dentro do evento “Hack for Good 2024”.
    Apróbase a colaboración no patrocinio do premio.
  12.  Acordo que proceda sobre a petición de apoio para a organización do Congreso Internacional “ICAME45”, dentro da Facultade de Filoloxía e Tradución, e dirixido a persoal investigador do ámbito lingüístico.
    Concédese unha axuda.
  13. Acordo que proceda sobre a proposta de financiamento do Campamento Tecnolóxico de Verán 2024, no Campus de Ourense, para potenciar a igualdade de xénero nas titulacións técnicas, coa colaboración da Escola de Informática.
    Apróbase unha achega.
  14. Acordo que proceda sobre a petición de apoio para desenvolver o proxecto “Cóntancho as Matemáticas”, para mellorar a educación matemática na última etapa de Educación Primaria e os primeiros cursos de Secundaria, e fomentar as vocacións.
    Apróbase unha axuda.
  15. Aprobación, se procede, da aportación económica precisa para a realización dunha xornada de formación dentro da UVigo sobre prevención do fraude e os conflitos de interese.
    Apróbase unha aportación.
  16. Acordo que proceda sobre a petición de colaboración co proxecto “CinVigo. Ciencia na rúa”, organizado por CINBIO para fomentar vocacións en secundaria e bacharelato e amosar traballos de investigación á sociedade.
    Apróbase a colaboración.
  17. Acordo que proceda sobre a solicitude de apoio económico para a organización da Conferencia internacional ESEE-Decrecemento 2024, en Pontevedra.
    Concédese unha axuda.
  18. Rogos e preguntas.
    Non hai.
Acta CAS 22-02-24 Documento PDF, 179 KB