Comisión de actividades e servizos

Apróbanse axudas, colaboracións e asignacións para programas, congresos, eventos deportivos, estudos, xornadas e encontros

2024-05-07T18:56:31+00:0025 de Abril de 2024|Comisión de actividades e servizos|

O xoves, día 25 de abril de 2024, ás 12:00 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión de Actividades e Servizos do Consello Social da Universidade de Vigo, co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (22.02.2024).
    Apróbase por asentimento.
  2. Informe do presidente.
  3. Aprobación, se procede, da financiación do estudo sobre Inserción laboral do estudantado titulado en Grao e Mestrado da Universidade de Vigo, no curso 2021/2022.
    Apróbase a achega.
  4. Acordo que proceda sobre a axuda solicitada para a participación de alumnado nun Congreso Internacional sobre “Investigación en cambio climático e espazo”, en Enxeñaría Aeroespacial.
    Acórdase conceder unha axuda.
  5. Acordo que proceda sobre a petición da Asociación de Estudantes de Enxeñaría para desenvolver o programa “UVigo SpaceLab”.
    Concédese unha axuda.
  6. Acordo que proceda sobre a colaboración solicitada pola Vicerreitoría de Extensión Universitaria, para a organización dos “Xogos deportivos universitarios Galaico-Durienses”.
    Apróbase a achega.
  7.  Acordo que proceda sobre a axuda solicitada pola Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais, para a celebración da “Noite europea das persoas investigadoras” (G-Night).
    Acórdase conceder unha axuda.
  8. Acordo que proceda sobre a axuda solicitada para a organización do Congreso internacional “Variation and Language Processing 6”, na Facultade de Filoloxía e Tradución.
    Apróbase unha achega.
  9. Acordo que proceda sobre a petición de apoio económico para a organización do Congreso “Gibraltar International Conference 2”, organizado dende a Facultade de Filoloxía e Tradución.
    Apróbase unha achega.
  10. Acordo que proceda sobre a petición da Área de Dereito Penal da Universidade de Vigo, para organizar unha xornada internacional sobre “Relacións entre a ciencia xurídico-penal española con outros países”.
    Asígnase unha axuda.
  11. Acordo que proceda sobre a solicitude dos organizadores do Congreso Atlántico de Marketing Dixital “Flúor” para a interrelación de empresas e estudantado.
    Apróbase unha achega.
  12. Acordo que proceda sobre a petición de colaboración económica para o encontro en Vigo de profesionais da Comunicación en RRSS das universidades españolas.
    Concédese unha achega.
  13. Acordo que proceda sobre a axuda solicitada para a participación do equipo de PAS da Universidade de Vigo no Campionato nacional de fútbol-sala.
    Achégase unha axuda.
  14. Aprobación, se procede, da delegación no presidente do Consello Social da distribución previa das Bolsas-colaboración para o curso 2024/2025, da que dará conta na primeira reunión posterior que se convoque.
    Apróbase a delegación.
  15. Rogos e preguntas.
    Non hai.
Acta da CAS do 25-04-2024 Documento PDF, 173 KB