Comisión executiva

Apróbanse diversos prezos públicos, acórdase convenio coa FUVI para achegar o estudantado ao mercado laboral e unha axuda para os III Premios Alumni e a aceptación de patentes e rexistros da Fundación Profesor Novoa Santos

2024-06-07T12:44:06+00:0028 de Maio de 2024|Comisión executiva|

O martes día 28 de maio de 2024, ás 12:00 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión Executiva do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (17.10.2023).
    Apróbase por asentimento.
  2. Informe do presidente.
  3. Aprobación, se procede, da implantación de novos indicadores que debe cumprir o Consello Social, consonte os requisitos do ranking de Transparencia da Fundación Haz:
    a) “Deberes de dilixencia” (Avaliación de desempeño. Asistencia a reunións).
    b) Novos indicadores consonte as competencias recollidas na LOSU (Principios éticos, compliance e responsabilidade social).
    Dáse traslado ao Pleno.
  4. Informe sobre a modificación non substancial de títulos da Universidade de Vigo para o curso 2024/2025. (Consello de Goberno do 9 de maio de 2024).
    A Comisión dáse por informada.

  5. Aprobación, se procede, da proposta de prezos públicos dos títulos propios do Centro de Posgrao e Formación Permanente, para o curso 2024/2025.
    Infórmase favorablemente para elevación ao Pleno.

  6. Autorización, se procede, da redución de prezos para o curso de Especialista en “Tradución para a industria do videoxogo”.
    A Comisión dá a aprobación.

  7. Aprobación, se procede, dos prezos públicos dos cursos de Extensión Universitaria 2024, nos Campus de Vigo, Pontevedra e Ourense.
    Apróbase por asentimento.

  8. Aprobación, se procede, dos prezos públicos para expedir a Certificación Internacional de Competencia Dixital (ICDL) ao alumnado dos cursos “eDestrezas”.
    Apróbase por asentimento.

  9. Aprobación, se procede, dos prezos públicos para a actividade “Campus Camp”, a desenvolver durante as vacacións nos campus de Ourense, Pontevedra e Vigo.
    Apróbase por asentimento.

  10. Acordo que proceda sobre a proposta de convenio de colaboración coa Fundación Universidade de Vigo (FUVI), para actividades que acheguen ao estudantado ao mercado laboral e á empregabilidade.
    Infórmase favorablemente para elevación ao Pleno.

  11. Acordo que proceda sobre a axuda solicitada pola Vicerreitoría de Estudantado e Empregabilidade, para organizar a “III edición dos Premios Alumni-UVigo 2024”.
    Apróbase unha achega.

  12. Aprobación, se procede, da aceptación da cesión á UVigo da titularidade de patentes e rexistros de propiedade industrial pola Fundación Profesor Novoa Santos. (Consello de Goberno do 9 de maio de 2024).
    Infórmase favorablemente para elevación ao Pleno.

  13. Informe que proceda sobre o proxecto de decreto que fixa os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos no SUG para o curso 2024/2025.
    Infórmase favorablemente para elevación ao Pleno.

  14. Aprobación, se procede, da dotación económica precisa para a licitación do servizo “contratación de asesoramento técnico para elaborar un estudo sobre a inserción de titulados da UVigo 1990-2024, e análise comparativo”.
    Infórmase favorablemente para elevación ao Pleno.

  15. Informe sobre os convenios asinados pola UVigo durante os meses de febreiro, marzo e abril.
    A Comisión dáse por informada.

  16. Informe que proceda sobre as doazóns bibliográficas en 2023, se houbese.
    A Comisión dáse por informada.

  17. Rogos e preguntas.
    Non hai