O mércores, día 25 de setembro de 2024, ás 16:30 h., celebrouse reunión ordinaria da Comisión Económica do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:
ORDE DO DÍA
- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (24.06.2024).
Apróbase por asentimento. - Informe do presidente.
- Análise da evolución da conta de ingresos e gastos previa ao peche do exercicio 2024:
− Execución de ingresos a data 30.06.2024: previsións iniciais, definitivas e dereitos recoñecidos.
− Execución do capítulo I de gastos a data 31.08.2024 e estimación ao peche do exercicio 2024.
− Execución do orzamento de gastos por capítulo a nivel de concepto diferenciando entre os gastos afectados e non afectados por fondos alleos.
− Informe sobre as medidas adoptadas para a contención do gasto.
A Comisión dáse por informada. - Informe sobre as causas da baixada no número de licitacións da Universidade de Vigo.
Acórdase solicitar á Xerencia unha explicación máis precisa e por escrito sobre as causas. - Seguimento da evolución económica das sociedades participadas pola Universidade de Vigo: CUSA, FUVI e CITEXVI.
A Comisión dáse por informada e acorda solicitar á FUVI unha previsión de peche para valorar a situación do exercicio 2024 en termos económicos. - Aprobación, se procede, da participación da UVigo na spinoff GAL4TIC.
Apróbase por asentimento. - Aprobación, se procede, da asignación de complementos de recoñecemento:
− ao labor docente e investigador (B-23 – remesa única rectificada de 24.05.2024).
− á excelencia curricular docente e investigadora (C -23 – remesa única de 02.07.2024).
− polos cargos de xestión (1ª remesa de 10.05.2024; 2ª remesa de 06.06.2024; e rectificación vía recurso da 2ª remesa de 03.07.2024).
Apróbase a asignación. - Informe sobre os convenios asinados pola Universidade de Vigo durante os meses de xuño, xullo e agosto de 2024.
A Comisión dáse por informada. - Rogos e preguntas
Non hai.
Acta da Comisión Económica do 25 de setembro de 2024
Documento PDF, 177 KB