Apróbanse diversos acordos da Comisión Ecónomica, unha achega para o material de benvida, os prezos públicos dos obradoiros de Extensión Universitaria e a modificación de títulos para o curso 25-26

2024-11-08T10:39:53+00:0028 de Xuño de 2024|Pleno|

O venres, 28 de xuño de 2024, ás 12:30 horas, celebrouse sesión ordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da Orde do día:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (12.06.2024).
    Apróbase por asentimento.
  2. Informe do presidente.
  3. Informe do reitor.
  4. Informe que proceda sobre as propostas de verificación ou modificación de títulos de grao, mestrado e doutoramento da Universidade de Vigo para o curso 2025/2026. Informe do vicerreitor de Titulacións e Innovación docente.
    O Pleno informa favorablemente.

_______________________________

Propostas de aprobación e acordos da Comisión Económica (reunión do 24 de xuño de 2024)

  1. Aprobación, se procede, das contas anuais da Universidade de Vigo do exercicio 2023. Informe de auditoría e Memorando de recomendacións.
    Apróbase por asentimento, consonte o expresado no informe de auditoría.
  2. Análise e valoración das contas anuais de 2023 e do informe de auditoría da Fundación Universidade de Vigo (FUVI).
    Apróbase consonte o expresado no informe de auditoría.
  3. Análise e valoración das contas anuais de 2023 e do informe de auditoría de Cidade Universitaria, S. A. (CUSA).
    Apróbase consonte o expresado no informe de auditoría.
  4. Análise e valoración das contas anuais de 2023 e do informe de auditoría da Cidade Tecnolóxica da Universidade de Vigo (CITEXVI).
    Apróbase consonte o expresado no informe de auditoría.
  5. Recepción, análise e valoración das conclusións da auditoría operativa sobre “Intervención dos gastos mais representativos da universidade: capítulo I”.
    O Pleno dáse por informado.
  6. Outros asuntos. Doazón dun equipo de Lonza Biologics Porriño, S. L. ao CINBIO. Transferencias de crédito. Convenios asinados pola Universidade de Vigo en maio.
    Apróbase por asentimento.
  7. Informes da Xerencia. Asuntos pendentes:
    − Medidas aplicadas para o ingreso de saldos de dubidoso cobro, e resultados.
    − Medidas de contención do gasto a causa da insuficiencia do remanente dispoñible para financiar o orzamento de gastos de 2024.
    − Medidas previstas para a elaboración dun rexistro actualizado sobre o patrimonio material.
    O Pleno dá a súa conformidade.

_______________________________

  1. Aprobación, se procede, dunha aportación do Consello Social para a produción e distribución de material de acollida entre o alumnado de novo ingreso no curso 2024/2025, en colaboración coa Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais.
    Apróbase por asentimento.
  2. Designación dun membro do eido empresarial no Consello Reitor do Campus Auga, en representación do Consello Social.
    O Pleno dá a súa conformidade.
  3. Aprobación, se procede, dos prezos públicos para os Obradoiros de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo no primeiro cuadrimestre do curso 2024/2025, nos tres campus.
    Apróbase por asentimento.
  4. Rogos e preguntas.
    Interveñen Juan José Santamaría e o reitor.