O 15 de xaneiro tivo lugar en Madrid a presentación do Informe CYD 2024, elaborado pola Fundación CYD. No acto celebráronse os 20 anos do Informe e destacáronse os principais logros e retos pendentes da universidade española. O evento foi clausurado por Ana Botín e Susana Rodríguez, paratriatleta olímpica e médica.
Ana Botín, presidenta da Fundación CYD destacou a importancia de “avanzar máis e a maior ritmo na transformación dixital e na adopción da intelixencia artificial”, ademais remarca a importancia de investir maiores recursos en educación superior. Pola súa parte, Antonio Abril, presidente da CCSU desde 2017 até a actualidade, afirma que a universidade española destaca pola súa capacidade produtiva científica, pero que o gran reto está en garantir que esa produción se converta en investigacións con impacto na sociedade, e destaca ademais a contribución social da universidade: “A universidade no seu momento cumpriu, sendo o motor do cambio á transición democrática. Agora eu pido á sociedade que responda e tire da universidade”.
O presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa e mais o secreario, Ignacio Rodríguez, estiveron presentes no acto.