Saltar ao contido

O Consello colabora co X Congreso Internacional da AE-IC. Intervirá o presidente.

Actos do presidente
Colaboracións e patrocinios

A Facultade de Comunicación acollerá entre o 19 e o 22 de maio o X Congreso Internacional da Asociación Española de Investigación da Comunicación (AE-IC), no que está prevista a participación de máis de 500 investigadores e investigadoras dunha trintena de países. Baixo o título de Comunicar na incerteza, o congreso está estruturado en tres sesións plenarias e está prevista a presentación de máis de 350 estudos, nas 64 sesións paralelas que terán lugar entre mércores e venres. Nesta ligazón podes ver o programa completo.

Organizado conxuntamente pola facultade e a a asociación, a programación do congreso ábrese na tarde do mércores 19 cun acto institucional na Casa Consestorial. Nel intervirán Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra; Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo; Luis López, presidente da Deputación de Pontevedra; Ernesto Pedrosa, presidente do Consello Social da Universidade de Vigo; Jair Esquiaqui, responsable de Comunicación da Organización de Estados Iberoamericanos (OEI); Carmen Peñafiel, presidenta da Asociación Española de Investigación da Comunicación (AE-IC), e Emma Torres, decana da Facultade de Comunicación e presidenta do comité organizador do congreso. Este acto inaugural completarase coas homenaxes á catedrática emérita da Universitat Autónoma de Barcelona e ex-presidenta da AE-IC Rosa Franquet e ao profesor emérito da Universidade de California Daniel Hallin.

Universidade de Vigo