Saltar ao contido

O presidente do Consello, Ernesto Pedrosa, membro da executiva da CSSU participa en Barcelona na asemblea xeral da Conferencia

Actos do presidente

O presidente do Consello Social da Universidade de Vigo, Ernesto Pedrosa, tamén membro da executiva da Conferencia de Consejos Sociales de las Universidades Españolas (CCS), participará na asembleaxeral da CCS, que se celebrará o 5 de xuño na Universidade Politécnica de Cataluña (UPC). A xornada extraordinaria comezará coa inauguración a cargo do reitor da UPC, Francesc Torres Torres; da presidenta da CCS, Ángela Santianes Arbesú; de Teresa Riesgo Alcaide, secretaria xeral de Innovación do Ministerio de Ciencia; e da presidenta do Consell Social da UPC, Montserrat Guàrdia Güell. A continuación, a propia Teresa Riesgo impartirá a conferencia “Políticas de innovación e transferencia en España ante o novo escenario xeopolítico”, na que analizará como a xeopolítica está a redefinir as prioridades da investigación e a innovación, centrándose nos instrumentos reais de política pública, na aliñación entre universidade e intereses estratéxicos, e no equilibrio entre apertura científica e protección de intereses estratéxicos.

Tras a conferencia, terá lugar unha mesa redonda titulada “Da investigación ao mercado: por que falla a transferencia e como escalar o deep tech”, na que se abordarán os problemas reais do sistema de transferencia en España e Europa, como a baixa capacidade de absorción do tecido empresarial, as dificultades de gobernanza das spin-off ou as limitacións nos mecanismos de transferencia. A mesa conta coas intervencións de Carmen Cotelo Queijo (directora da Axencia Galega de Innovación), Jordi Berenguer Sau (vicerreitor de Transferencia, Innovación e Emprendemento da UPC) e Sebastián López Suárez (vicerreitor de Coordinación Institucional, Transferencia e Emprendemento da ULPGC), xunto cun emprendedor dunha spin-off da UPC por concretar.

A xornada finalizará coa asemblea xeral da CCS e cun xantar de traballo.

Universidade de Vigo