O Consello patrocina o iMarCo 2026 que abordará os retos da conectividade dos ecosistemas acuáticos
Do 2 ao 4 de setembro de 2026, o Museo de Arte Contemporánea de Vigo (Marco) acollerá o VIII International Marine Connectivity Conference (iMarCo 2026) , un encontro científico internacional que reunirá persoal investigador e especialistas en ecoloxía e xestión ambiental para abordar os retos da conectividade dos ecosistemas acuáticos nun contexto de cambio global. Coordinado por Andreu Blanco (CIM-UVigo) e organizado tamén por Carlos García de Leaniz, Alexandre Alonso Fernández e Laura García Peteiro (IIM-CSIC), o congreso afondará por primeira vez no Aquatic Nexus, integrando a conectividade mariña e fluvial, e incluirá sesións sobre tecnoloxías de seguimento, ecoloxía do movemento, modelización, gobernanza e efectos do cambio climático, así como conferencias e paneis de debate para fomentar a cooperación científica internacional.
O Consello Social patrocina esta iniciativa.