O presidente do Consello asitirá á entrega das Medallas de Galicia 2026
A entrega das Medallas de Ouro de Galicia, o galardón máis importante que outorga a Xunta de Galicia, terá lugar o vindeiro 24 de xullo nun acto institucional en Santiago de Compostela. Ao evento está prevista a asistencia do presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa, para participar na homenaxe a catro mulleres de orixe galega asentadas en diferentes países, recoñecidas polo seu exemplo de integración, arraigo e contribución aos territorios de acollida sen perder o vínculo coa súa terra de orixe.
As galardoadas son Claudia Álvarez (Arxentina), empresaria do sector hostaleiro e vicecónsul honoraria de España en Mar del Plata; Beatriz Gil (Suíza), fiscal xefa de Menores no cantón de Argovia e colaboradora do asociacionismo galego en Zúrich; Carla Angola (Venezuela), xornalista e analista política con destacada traxectoria en medios de comunicación; e Camila Fernández (Brasil), odontóloga de recoñecido prestixio e presidenta da Asociación de Empresarios Galegos en Río de Janeiro. As catro mulleres, cada unha desde o seu ámbito profesional, constitúen un exemplo da proxección da diáspora galega no exterior.