Saltar ao contido

O Consello colabora coa G-Night 2026

Colaboracións e patrocinios
Na tarde e noite do 25 de setembro
Nas sete cidades galegas

Outro ano máis, a Noite europea das persoas investigadoras celebrarase en Galicia con folgos renovados, da man de máis dunha ducia de institucións: universidades, centros e institutos de investigación, coordinados pola Universidade de Vigo. Coa creatividade e a súa relación co coñecemento científico como eixo do evento, baixo o lema “Conciencias creativas”. Cada unha das sete cidades galegas ten unha programación específica.

A G-Night nace ao abeiro da Noite Europea das Persoas Investigadoras, un evento de divulgación científica promovido pola Comisión Europea no marco das Marie Skłodowska-Curie Actions.

O evento celébrase cos recursos propios das entidades que integran o consorcio e co apoio da Xunta de Galicia e a colaboración do Consello Social da UVigo entre outras entidades

Universidade de Vigo
xs