Saltar ao contido

O presidente do Consello participará no XXX Congreso Alumni España que se celebra en Compostela

Actos do presidente
Novas

O presidente do Consello Social da Universidade de Vigo participará no XXX Congreso de Alumni España, que se celebra os días 29 e 30 de outubro en Santiago de Compostela baixo o lema “30 anos imaxinando o futuro”. A cita, organizada por Alumni España e Alumni USC, reunirá representantes das universidades españolas e portuguesas no Pazo de Fonseca e outros espazos da cidade, cun programa que inclúe a presentación da Federación Alumni Ibérica, a conmemoración do 30 aniversario de Alumni España, a entrega dos I Premios Alumni USC e unha mesa redonda sobre o impacto do patrocinio e o mecenado nas universidades españolas, na que está prevista a presenza dos consellos sociais das universidades e a participación de Ernesto Pedrosa.

Universidade de Vigo
xs