O presidente o Consello na inauguración do XV Salón Edugal
O Consello Social da UVigo colabora na décimo quinta edición do Salón de Educación e Formación de Galicia (EDUGAL), que se celebrará os días 21, 22 e 23 de outubro de 2026 no Recinto Feiral de Pontevedra. Baixo o lema “O teu futuro nas túas mans”, a cita reunirá centros educativos públicos, concertados e privados, campus universitarios galegos, centros de formación, fundacións, empresas con formación profesional dual, empresas de TIC e robótica, escolas de idiomas, startups, conservatorios e escolas de danza. A organización calcula un público potencial superior ás 10.000 persoas, entre estudantes que comezarán estudos superiores ou profesionais e persoas en situación de desemprego.
O presidente do Consello Social estará presente na inauguración oficial da feira, un acto que dará comezo á programación de charlas de orientación, relatorios, presentacións e conversas dirixidas ao alumnado, así como obradoiros e demostracións a cargo dos propios estudantes. O horario de visita será de 10.00 a 18.00 h o mércores e o xoves, e de 10.00 a 14.00 h o venres, e as visitas en grupo para escolares poden concertarse previamente coa organización.