/Aviso legal

Aviso legal

Aviso legal2018-10-23T17:31:17+00:00

O Consello Social da Universidade de Vigo

consellosocial.uvigo.gal e consellosocial.uvigo.es son subdominios da Universidade de Vigo, con sede en Vigo no Campus Universitario As Lagoas, Marcosende s/n e CIF: Q-8650002B. Tel.: +34 986 812 000

Os contidos das páxinas da web consellosocial.uvigo.gal poden ser utilizados en parte ou na súa integridade sen necesidade de citar fontes

Rastros (“cookies”)

Nesta web empregamos a utilidade Google Analytics, un servizo analítico prestado por Google, Inc., unha compañía de Delaware cuxa oficina principal está en 1600 Amphitheatre Parkway, Mountain View (California), CA 94043, Estados Unidos (“Google”).

Google Analytics utiliza rastros ou “cookies”, arquivos de texto que se situan no computador das persoas que visitan esta web para axudarnos a analizar o uso que se fai da mesma. A información que xera a “cookie” (incluíndo o enderezo IP da visita) será directamente transmitida e arquivada por Google nos seus servidores de Estados Unidos. Google usará esta información pola conta nosa co propósito de seguir a pista do uso daweb, recompilando informes da actividade da mesma e prestando outros servizos relacionados coa actividade do sitio web e o uso de Internet.

Google pode transmitir a devandita información a terceiros cando así llo requira a lexislación ou cando os devanditos terceiros procesen a información por conta de Google. Google non asociará o teu enderezo IP con ningún outro dato do que dispoña Google.

Podes rexeitar o tratamento dos datos ou a información non aceptando o uso de “cookies” mediante a selección da configuración apropiada do teu navegador, porén, é ben que saibas que se o fas pode ser que non poidas usar a plena funcionalidade desta  web.

Ao utilizar esta web consintes no tratamento de información acerca de ti por parte de Google na forma e para os fins arriba indicados.

Aviso Legal

Para o resto de cuestións sometémonos ás definicións do Aviso Legal do Portal institucional da Universidade de Vigo