Saltar ao contido

Abórdase o estudo sobre o aloxamento estudantil nos tres campus e a apróbanse a liquidación provisional do orzamento de 2025 e as auditorías de FUVI, CUSA e CITEXVI, as Bolsas-colaboración do Ministerio, os prezos da formación permanente e as solicitudes de colaboración para as Xornadas de Filosofía en Vigo.

Pleno

O martes, 21 de xullo de 2026, ás 12:15 horas, celebrouse sesión ordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da Orde do día:

ORDE DO DÍA

  1.  Aprobación, se procede, das actas de reunións anteriores (27.05.2026 e 30.06.2026).
    Apróbanse por asentimento.
  2.  Informe do presidente.
  3. Informe da reitora.
  4. Presentación das conclusións do estudo sobre a situación, necesidades e previsións para o aloxamento do estudantado universitario nos tres campus da Universidade de Vigo.
    O pleno dáse por informado.

Propostas de aprobación, informes e acordos da Comisión Económica (10 de xuño de 2026)

  1. Liquidación provisional do exercicio orzamentario da Universidade de Vigo de 2025.
    O pleno dá a súa conformidade.
  2. Elección dun novo ámbito para a realización dun informe de auditoría operativa.
    O pleno dá a súa conformidade.
  3.  a) Outros asuntos: seguimento das recomendacións da auditoría operativa sobre “Intervención dos gastos máis representativos da universidade.
    Capítulo I”.
    O pleno dáse por informado.
    b) Resolución da salvidade relativa ao inventario do inmobilizado material).
    O pleno dá a súa conformidade.

Propostas, acordos e informes da Comisión Executiva (22 de xuño de 2026)

  1. Aprobación inicial da adxudicación das Bolsas-colaboración concedidas polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes á Universidade de Vigo, para o curso 2026/2027.
    Apróbanse por asentimento.
  2.  Aprobación, se procede, da doazón de diverso material por parte da empresa KVRT STVFF, S. L. á Facultade de Deseño.
    Apróbanse por asentimento.
  3. Ratificación de representantes do Consello Social, na Comisión de seguimento do Plan Estratéxico e na xunta directiva do Instituto de Agroecoloxía e Alimentación (IAA).
    O pleno dá a súa conformidade.
  4. Aprobación de prezos especiais en dous títulos propios do Centro de Posgrao e Formación Permanente (CPFP).
    Apróbanse por asentimento.
  5. Outros asuntos. Axudas económicas concedidas. Doazóns bibliográficas. Convenios maio.
    O pleno dáse por informado.
  6. Análise e avaliación das contas anuais de 2025 e do informe de auditoría da Fundación Universidade de Vigo (FUVI). Aprobación, se procede.
    O pleno dá a súa conformidade.
  7. Análise e avaliación das contas anuais de 2025 e do informe de auditoría de Cidade Universitaria, S. A. (CUSA). Aprobación, se procede.
    O pleno dá a súa conformidade.
  8. Análise e avaliación das contas anuais de 2025 e do informe de auditoría da Cidade Tecnolóxica da Universidade de Vigo (CITEXVI). Aprobación, se procede.
    O pleno dá a súa conformidade.
  9.  Aprobación, se procede, dos prezos públicos aplicables a estudos propios dos programas de formación permanente da Universidade de Vigo e as microcredenciais.
    Apróbanse por asentimento.
  10. Acordo que proceda sobre a solicitude de colaboración para a organización das Xornadas de Filosofía que organiza o grupo Aletheia, en Vigo.
    Apróbanse por asentimento.
  11. Acordo que proceda sobre a solicitude de colaboración para a organización da convocatoria “Lideres dixitais universitarios”, en Vigo.
    Apróbanse por asentimento.
  12.  Informe sobre os convenios asinados pola Universidade de Vigo no mes de xuño.
    O pleno dá a súa conformidade.
  13. Rogos e preguntas.
    Interveñen David Martínez e Juan José Santamaría.

No salón de sesións do Concello, a alcaldesa de Maceda, Uxía Oviedo, e o director do Museo do Médico Rural, José Manuel Lage, dan a benvida e agradecen a presenza dos membros do Consello Social, a celebración do Pleno na vila e a visita ao Museo. O presidente, Ernesto Pedrosa, subliña que é a primeira vez que o Pleno se reúne nun concello, fóra de recintos universitarios ou empresariais, cualifica de extraordinaria a experiencia e agradece a acollida e o interese e traballos efectuados expresamente para o desenvolvemento do acto.

Acordos do Pleno do 21-07-2026
Documento pdf, 318 KB
Universidade de Vigo