//Presentación

Presentación

Presentación2018-09-25T10:21:31+00:00

O Consello Social –que goza de plena independencia no exercicio das súas competencias– é o órgano de participación da sociedade na Universidade que impulsa a colaboración entre elas contribuíndo eficazmente ao desenvolvemento social, profesional, económico, tecnolóxico e cultural de Galicia; á mellora da calidade do servizo público da educación superior universitaria e á obtención dos recursos precisos para procurar a súa suficiencia económica e financeira. Foi constituído o 20 de xullo de 1995, en aplicación das leis 5/1987 e 11/1989.

Competencias

Por lei, correspóndelle ao Consello Social, entre outras, as seguintes funcións:

  • Aprobar o orzamento anual e a programación plurianual da Universidade tras o informe do Consello de Goberno.
  • Aprobar as contas anuais da Universidade e das sociedades nas que teña presenza maioritaria, podendo encargar a realización de auditorías externas.
  • Aprobar a disposición sobre bens inmobles e mobles da Universidade e a desafectación dos seus bens de dominio público.
  • Supervisar o rendemento e a calidade dos servizos universitarios.
  • Promover a colaboración da sociedade no financiamiento do ensino e da investigación da Universidade e a captación de recursos económicos externos.
  • Impulsar actuacións que propicien un maior achegamento dos estudantes ás demandas do mercado laboral.
  • Favorecer as actividades orientadas a completar a formación integral dos estudantes e aprobar as normas que regulen o progreso e permanencia dos alumnos na Universidade.
  • Promover as bases da política de bolsas, axudas e créditos para o estudo e a investigación.
  • Propoñer á Xunta de Galicia a creación, implantación ou supresión de facultades, escolas técnicas superiores e escolas universitarias.
  • Fixar os prezos dos ensinos propios, dos cursos de especialización e os referentes ás demais actividades autorizadas pola Universidade e…
  • Realizar estudos sobre a adecuación da oferta de titulacións e dos plans de estudos sobre o rendemento académico do alumnado e sobre a inserción laboral dos titulados.