Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela.
Realizou o Curso superior en Dirección de Persoal e Recursos humanos certificado pola Xunta de Galicia.
Foi profesor de Lexislación aplicada na Universidade de A Coruña, sendo distinguido coa Insignia de honra do Ilustre Colexio de Avogados pola súa traxectoria profesional.
Avogado en exercicio dende o ano 1984, é titular do Bufete Pedrosa Avogados e letrado asesor xurídico da Asociación de Empresarios de Pontevedra, do Diario de Pontevedra e doutras destacadas empresas do ámbito galego e español, sendo autor de diversas publicacións en libros e revistas especializadas en investigación, universidade e dereito.
Foi nomeado Presidente do Consello Social da Universidade de Vigo o 22 de setembro de 2011, polo Presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijóo. Pertence ao Consello Social dende o ano 2003, exercendo como Vicepresidente dende 2004 ata o seu nomeamento como Presidente, cargo que desempeña actualmente.
Preside a Comisión Executiva e a Comisión de Actividades e Servizos do Consello Social, forma parte do Consello de Goberno da Universidade e é Vicepresidente da Fundación Universidade de Vigo. É membro do Consello Galego de Universidades e do Consello de Dirección da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia.
En novembro de 2017 foille concedida a Medalla de “Amigo Distinguido da Universidade de Vigo”.
En maio de 2018 foille concedida a Insignia de Ouro da Universidade de Vigo polo Reitor Salustiano Mato de la Iglesia.
Forma parte das Comisións Académica, Económica e de Transferencia e Relacións coa Sociedade, todas elas da Conferencia de Consellos Sociais das Universidades Españolas, organismo do que formou parte do seu Comité Executivo.