Secretario Xeral da Universidade de Vigo.
Doutor en Dereito pola USC, obtivo en 1996 o premio internacional “José de Yanguas” á mellor tese de doutoramento en Dereito Internacional Privado, área que coordina nos campus de Ourense e Vigo a partir do ano 1994. Profesor titular desde 1999, está acreditado a cátedra desde febreiro de 2012.
Foi decano da Facultade de Dereito no campus de Ourense entre os anos 2009 e 2012 e vicedecano en dúas ocasións. É árbitro da Corte de Arbitraxe da Cámara de Comercio Hispano-Portuguesa. Así mesmo dirixiu unha cátedra Jean Monnet sobre cooperación xurídica internacional na Universidade de Vigo.