Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Conta cun mestrado en dereito sanitario pola Universidade da Coruña e cun mestrado en dirección de recursos humanos pola Escola de Negocios Caixanova.
Desde 1993 é funcionaria do corpo superior da Xunta de Galicia. Desenvolveu diversos postos na Administración Xeral da Xunta de Galicia, no Servizo Galego de Saúde e no Concello de Vigo: entre outros, secretaria provincial de Asuntos Sociais en Vigo, subdirectora de Réxime Xurídico e Relacións Laborais do Servizo Galego de Saúde, secretaria territorial da Xunta de Galicia en Vigo, directora de recursos humanos nas áreas sanitarias de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras e Pontevedra e O Salnés.