Project Description
A necesidade do recoñecemento e visibilidade de cada universidade en materia de internacionalización obriga a pór o foco nos estudantes internacionais. O reflexo destes estudantes nas súas universidades de orixe é o testemuño que mellor pode motivar a outros estudantes a realizar unha estadía internacional e a elixir a Universidade de Vigo entre outras moitas máis posibles.
O acompañamento adecuado a este estudantado debe ser personalizado, buscando coñecer que é aquilo que máis valoran e lles fan sentir seguros e satisfeitos noutra universidade.
Baixo esta responsabilidade da universidade, o obxectivo deste estudo –da autoría de Gloria Caballero e María Jesús López Miguens– é analizar as distintas actuacións de acompañamento e acollemento do estudantado internacional partindo da importancia que estes lles conceden.
A poboación deste estudo componse dos estudantes universitarios internacionais que a Universidade de Vigo recibiu durante o curso académico 2022-23 para cursar temporalmente os seus estudos universitarios nalgunha das titulacións que aquela imparte, tanto a nivel de grao como de máster. Suman un total de 517 persoas.
O estudo de preto de 200 páxinas pódese descargar na ligazón de máis abaixo. (Só existe a versión en castelán).