Project Description

418 pax. / 17 x 24 cm. / Edita: Consello Social da Universidade de Vigo
Laura López Atrio publica un libro sobre a misión das administracións locais na difusión da educación e a cultura para se tranformaren en “Cidades educadoras e creativas”
“O Proxecto Educativo da Cidade” é o conxunto de programas que se deben levar a cabo para o máximo desenvolvemento do ámbito educativo dentro do Plan Xeral de Goberno dunha Cidade. A súa finalidade principal é a de dispor dun instrumento que permita orientar os aspectos globais por riba das tendencias sectoriais ou fragmentadas. Dito proxecto comprométese cuns valores e cunha forma de facer: pensa que escola se quere, a que educación se aspira máis aló da escola e establece un compromiso cidadán e institucional coa educación.
É, pois, un instrumento de planificación, organización e traballo sistematizado no ámbito educativo dos municipios. Supón ademais un concepto moito máis amplo que o que define un proxecto temático ou un programa. É mais ben un Plan Sectorial Educativo de Cidade composto de varios programas que, á súa vez, se desenvolven a través de pequenos proxectos.