Project Description
José María Franco é o autor deste traballo que recompila unha selección das súas investigacións, feitas en países iberoamericanos e europeos.
Son textos inéditos nos que a problemática agraria e o desenvolvemento rural en países iberoamericanos, así como a Política agraria común teñen unha destacada presencia, ademais dos capítulos sobre o Dereito agrario da UE e de Galicia, as Fundacións, a investigación na universidade, o Mecenado, ou sobre a reclamación da posta en marcha do Instituto galego de estudos iberoamericanos.