Project Description
O Observatorio de Persoas Tituladas, co apoio do Consello Social, presenta o avance dos resultados deste estudo onde se recollen os resultados globais da enquisa autoaplicada aos antigos estudantes das promocións comprendidas entre 1990 e 2020.
O estudo completa a serie de traballos relacionados coa inserción laboral do antigo alumnado da UVigo.
O universo obxecto de estudo está centrado na poboación universitaria titulada en titulacións de 1º ciclo (diplomaturas e enxeñarías técnicas) e 2º ciclo (licenciaturas e enxeñarías superiores), graos, mestrados universitarios e títulos propios, de todas as promocións e independentemente do lugar en que se encontren residindo ou traballando.
A mostra obtida foi de 3217 persoas tituladas. Para un nível de confianza de 95%, e p=q, o erro real é de ±1,69% para o conxunto da mostra e no suposto de mostraxe aleatoria simples.