Estudos e informes

Intencións de carreiras, espírito emprendedor e iniciativas empresariais do estudantado da UVigo

Intencións de carreiras, espírito emprendedor e iniciativas empresariais do estudantado da UVigo2025-12-09T09:58:36+00:00

Project Description

GUESSS é o proxecto internacional de investigación colaborativa máis importante do mundo no ámbito universitario do fenómeno emprendedor.

Os seus principais obxectivos son investigar as intencións de escolla de carreira profesional do estudantado universitario –entre elas, a de crear empresas–; as súas actividades emprendedoras; e as causas e factores continxentes que as condicionan, incluíndo a influencia do contexto universitario e da formación recibida.

O seu propósito final é emitir recomendacións útiles que contribúan a facer das universidades viveiros de empresas de alto potencial.

Neste informe recóllense as análises e recomendacións para a UVigo baseadas nas mostras do curso 2023-2024, datos recollidos a partir das respostas de 3.192 estudantes de grao e posgrao, o que representa a notable porcentaxe do 16% do alumnado matriculado.

No botón de baixo podes descargar o informe:

Informe GUESSS UVIGO 23-24