Project Description
O traballo –dirixido por Luis Espada, coordinado por Víctor M. Cacharrón e publicado polo Consello Social– estuda o número de titulos emitidos e de persoas tituladas, desde 1990 a 2015, tanto de forma global como por ámbitos académicos (Arte e humanidades, Ciencias da Saúde, Científico, Xurídico-Social, Multidisciplinar e Tecnolóxico), ciclo de estudos (curto e longo), titulación e xénero. No caso da análise das persoas egresadas tamén se pormenoriza a súa procedencia (Galicia, Estado e resto do mundo).
Os datos concretan que se titularon 71.487 persoas e foron emitidos 82.330 títulos (ao completar máis de 9.700 persoas varias titulacións).