Project Description
O Consello Social apoiou a publicación dun libro sobre a percepción que ten o estudantado da Universidade que está a piques de graduarse, en relación ao seu futuro laboral e ás posibilidades de atopar emprego cando finalicen os estudos. A obra está baseada na continuación dun estudo que as autoras Gloria Caballero e María Jesús López realizaron ao longo do curso 2015/2016 mediante entrevistas a alumnos e alumnas dos tres campus universitarios, co obxectivo de recoller as súas impresións sobre as saídas laborais que, ao seu xuízo, teñen as titulacións que previamente decidiron cursar. Prologado por Ernesto Pedrosa, este libro está dispoñible de maneira gratuita e pode descargarse nas súas versións en galego e en castelán.