Informes

“Situación y retos de las universidades españolas ante la transformación digital”

“Situación y retos de las universidades españolas ante la transformación digital”2020-07-27T11:01:39+00:00

Project Description

Só o 38% das universidades españolas contan ou están a desenvolver unha estratexia de transformación dixital. Ademais, a maioría das universidades participantes consideran que, máis que reinventarse, deben adaptarse aos novos tempos como o veñen facendo até agora. Son algunhas das conclusións do informe “Situación y retos de las universidades españolas ante la transformación digital”, elaborado pola Conferencia de Consejos Sociales de las Universidades Españolas (CCS) e a Red de Fundaciones Universidad-Empresa (REDFUE) e que se presentou nun seminario online. O estudo aborda o que están a facer as universidades en materia de transformación dixital e que medidas están a adoptar para preparar aos mozos a desenvolverse nun futuro incerto. A crise xerada pola COVID-19 puxo ao descuberto a imperioso necesidade de acometer este reto de maneira inmediata.

Trátase dun traballo no que participaron 34 universidades, que representan ao 49% dos estudantes matriculados. Ademais, desenvolvéronse 19 mesas de traballo en distintos lugares de España nas que interviñeron 225 persoas vinculadas ao ámbito empresarial, educativo e social.

Podes descargar o estudo na ligazón de máis abaixo.