Actos do presidente

Libro homenaxe para o presidente do Tribunal de Garantías, Argimiro Rojo

2019-07-24T18:08:24+00:0023 de Xullo de 2019|Actos do presidente, Colaboracións e patrocinios|

O Observatorio da Gobernanza/G3 da Universidade de Vigo entregou ao presidente do Tribunal de Garantías, Argimiro Rojo, este  martes 23 de xullo, un libro de homenaxe con motivo da súa inminente xubilación, despois de ter exercido como docente de Ciencia Política e da Administración desde hai case corenta anos.

O libro, coordinado polos profesores Álvaro Xosé López Mira e Enrique José Varela Álvarez, contén máis de catrocentas páxinas e está editado polo Servizo de Publicacións da Universidade e conta co apoio do Consello Social. Entregóuselle nun emotivo acto ao que asistiu o presidente Ernesto Pedreira, o reitor Manuel Reigosa e outras persoas integrantes da comunidade universitaria.

A obra, titulada Argimiro Rojo Salgado, o home Smiling Through, conta con tres limiares. Un o asina o presidente do Consello Social; outroo, o reitor; e o terceiro os coordinadores da publicación. O resto dos contidos estrutúranse en catro capítulos redactados, respectivamente, pola familia máis achegada do catedrático de Ciencia Política; polos seus amigos da infancia e da mocidade; polos politólogos e politólogas que compartiron con el a súa vida profesional, tanto os da Universidade de Vigo como de fóra dela e, como peche, un capítulo redactado polos que foron compañeiros defensores universitarios nas universidades da Coruña e Santiago de Compostela na última etapa da súa traxectoria académica.

Información e imaxe recollidas dunha nova publicada polo DUVI