Colaboracións e patrocinios

O Consello patrocina as xornadas “A outra cara do monte” que procuran aproveitamentos alternativos

2020-09-28T12:53:12+00:0017 de Setembro de 2019|Colaboracións e patrocinios, Novas, Responsabilidade social|

A Facultade de Bioloxía acolle os días 18 e 19 de setembro as xornadas A outra cara do monte, que contarán coa participación de representantes de mancomunidades e propietarios de montes, así como de persoal investigador e estudantes.

Póster das xornadas

O Laboratorio MicoUvigo e a Facultade de Bioloxía son quen promoven esta iniciativa, xunto coa spin-off MycoGalicia. O evento conta co apoio do Consello Social.

O programa escollido ten como finalidade poñer en común experiencias positivas na procura dun mellor aproveitamento do monte e, ao tempo, converter esta cita nun eixo de formación e de reflexión sobre as alternativas para a contorna forestal e o futuro do rural galego, especialmente deprimido debido ao despoboamento do rural, o abandono dos usos tradicionais, as especies invasoras, a diminución da gandaría… en xeral moitas ameazas que sofren os montes e que producen graves consecuencias como son, por exemplo, os lumes forestais.