Colaboracións e patrocinios

O Consello Social colabora coa nova edición de Pont-Up Store 2019

2019-09-23T19:23:09+00:0023 de Setembro de 2019|Colaboracións e patrocinios, Novas|

Pont-Up Store, o evento pontevedrés dedicado ao emprendemento que impulsa a Universidade de Vigo, no marco do Campus Crea e que conta coa axuda do Consello Social e do Concello entre outros, chegou á súa sexta edición. Os obxectivos centrais deste ano foron –segundo o seu director, Pedro Figueroa–  apoiar os novos emprendedores e emprendedoras, axudándolles a dar visibilidade aos seus proxectos, e fomentar “o incremento da cultura emprendedora”.

Este 2019 presentáronse 168 candidaturas procedentes de toda Galicia das que finalmente foron seleccionados 48 proxectos. Produtos orientados a reducir os residuos plásticos, moda sostible, mobiliario artesanal realizado a partires de materiais recuperados, motocicletas eléctricas ou zapatillas veganas son algunhas das propostas que os emprendedores e emprendedoras presentaron ao público.

Máis aló dos proxectos dos emprendedores e emprendedoras, o Pont-Up Store reuniu no seu programa máis de 60 actividades, coloquios e obradoiros.

[Informacións e imaxe recollidas dunha nova do DUVI sobre o evento]