Neste XII Congreso –organizado pola a Rede científica para o estudo dos fascismos, autoritarismos, totalitarismos e transicións á democracia (Refat)– estudarase o uso que ditaduras e movementos totalitarios realizan dos medios da comunicación e da propaganda, e da formación da opinión pública.
Entre o 16 e o 18 de outubro, na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, preto de 30 expertos e expertas procedentes de universidades europeas e suramericanas protagonizarán as diferentes conferencias e presentacións que integran o programa deste foro internacional, organizado polo grupo de investigación en Propaganda e Técnicas da Comunicación da Facultade.
O Congreso internacional, que leva por título Comunicación social e opinión pública nas ditaduras: narrativas, idearios e representacións conta co apoio do Consello Social da Universidade de Vigo. Tamén colaboran o Concello de Pontevedra e a Deputación Provincial.