O xoves, 23 de setembro de 2021, ás 11:30 horas, celebrouse sesión ordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da Orde do día:
ORDE DO DÍA
- Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (29.07.2021).
Apróbase por asentimento. - Informe do presidente.
- Informe do Reitor.
- Informe da vicerreitora de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria, sobre datos de matrícula do curso 2021/2022, evolución, comparativas e reflexións que procedan.
O Pleno dáse por informado. - Aprobación, se procede, dos prezos e taxas dos títulos propios da Universidade de Vigo para o curso académico 2021/2022.
Apróbase coa abstención dun membro. - Prezos públicos aplicables ao persoal investigador visitante. Proposta de modificación.
Apróbase. - Proposta para a composición das Comisións permanentes do Consello Social: Executiva, Económica e Actividades e Servizos.
O Pleno aproba as propostas coa abstención dun membro. - Designación de representantes do Consello Social no Consello de Goberno e nas comisións correspondentes.
O Pleno aproba a proposta coa abstención dun membro. - Designación de representantes do Consello Social na Comisión de Igualdade, na Mesa de Contratación e na Comisión de Estudos Propios da Universidade de Vigo.
Apróbase coa abstención dun membro. - Acordo que proceda sobre a participación do Consello Social na convocatoria “Ourense Rural”, promovida pola UVigo para o curso 2021/2022.
O Pleno dá a súa aprobación. - Informe sobre os convenios asinados pola UVigo, correspondentes ao mes de xullo e agosto de 2021.
O Pleno dáse por informado. - Rogos e preguntas.
Intervencións de Elena Añel, o Reitor, César Blanco, Juan José Santamaría e o Presidente do Consello.
Acta da reunión do Pleno do Consello do 23 de setembro de 2021
Documento PDF, 197 KB