O mércores, 3 de novembro de 2021, ás 12:00 horas, celebrouse sesión ordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da Orde do día:
ORDE DO DÍA
- Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (23.09.2021).
Apróbase por asentimento - Informe do presidente.
- Informe do Reitor.
- Informe que proceda sobre as propostas de verificación de títulos de Grao e Máster para o curso 2022/2023 da Universidade de Vigo. (Consello de Goberno do 27 de outubro de 2021).
O Pleno informa favorablemente - Informe que proceda sobre a creación do Centro de Investigación para Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC). (Consello de Goberno do 1 de outubro de 2021).
O Pleno informa favorablemente - Aprobación, se procede, da reasignación definitiva das Bolsas-colaboración asignadas á Universidade de Vigo para o curso 2021/2022.
O Pleno dá a súa aprobación - Aprobación, se procede, da edición dixital do “Estudo sobre o impacto laboral da segunda onda da pandemia da COVID-19 nos titulados da Universidade de Vigo”, elaborado polo Observatorio de persoas tituladas da Universidade de Vigo co apoio do Consello Social.
O Pleno dá a súa aprobación - Asignación de complementos a profesores, correspondentes á convocatoria de 2020, polo labor docente e investigador, pola excelencia curricular e polos cargos de xestión, consonte resolucións da ACSUG.
O Pleno acorda a asignación - Informe sobre a Oferta de Emprego Público de persoal docente e investigador da Universidade de Vigo para o ano 2021. (Consello de Goberno do 27 de outubro de 2021).
O Pleno dá a conformidade - Informe sobre o acordo de funcionarización do persoal laboral fixo de administración e servizos da Universidade de Vigo e da relación de postos de traballo (RPT) derivada do mesmo. (Consello de Goberno do 27 de outubro de 2021).
O Pleno informa favorablemente - Aprobación, se procede, dunha nova convocatoria de Prácticums para o ano 2022, e da dotación económica correspondente. Revisión das bases.
O Pleno dá a súa aprobación
Propostas e acordos da Comisión de Actividades e Servizos (4 de outubro de 2021)
- Ratificación, se procede, da proposta de colaboración co programa “eDestrezas”, para fomentar as competencias dixitais da comunidade universitaria nos tres Campus.
O Pleno ratifica a aprobación - Outros acordos, axudas e iniciativas.
O Pleno dáse por informado - Informe sobre os convenios asinados pola Universidade de Vigo no mes de setembro de 2021.
O Pleno dáse por informado - Rogos e preguntas.
Intervén o Presidente para deixar constancia dun escrito presentado por Xosé Manuel Atanes. A seguir, Elvira Darriba, Juan José Santamaría, o Reitor, Jesús Graña, Manuel Ramos, Juan Manuel Vieites, Xosé Manuel Atanes, Elena Añel e Armando Ojea. Pecha a sesión o Presidente.
Acta do Pleno 03-11-2021
Documento PDF, 201 KB