Acórdanse complementos do persoal laboral, apróbanse novas tarifas, prezos e axudas e liquídase o orzamento de 2021 da UVigo

2022-07-04T12:05:33+00:0031 de Marzo de 2022|Pleno|

O xoves, 31 de marzo de 2022, ás 11:45 horas, celebrouse sesión ordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da Orde do día:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (02.02.2022).
    Apróbase por asentimento.
  2. Informe do presidente.
  3. Informe do Reitor.
  4. Presentación das conclusións do estudo, promovido polo Consello Social, sobre o “Impacto económico e social da Universidade de Vigo, dende a demanda e dende a oferta”.
    Entréganse ás persoas asistentes exemplares do facsímile.

Asuntos remitidos polo Consello de Goberno (sesión do 11 de marzo de 2022)

  1. Informe que proceda sobre as declaracións de interese de modificación/verificación de títulos de grao, mestrado e doutoramento.
    Infórmase favorablemente.
  2. Acordo sobre complementos retributivos do persoal laboral, acadado na Mesa de Negociación do PDI.
    O Pleno dá a súa conformidade.
  3. Aprobación, se procede, da adhesión da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo á Confederación de Decanos e Decanas das Facultades de Turismo.
    Apróbase por asentimento.
  4. Aprobación, se procede, das tarifas de servizos do CINTECX para o ano 2022.
    Apróbase por asentimento.
  1. Aprobación, se procede, das novas tarifas do Servizo de Bioexperimentación do CINBIO para o ano 2022.
    Apróbase por asentimento.
  2. Aprobación, se procede, dunha convocatoria extraordinaria de axuda a persoas afectadas polo conflito en Ucraína.
    O Pleno dá a súa aprobación.

Acordos e propostas da Comisión Económica (reunión do 3 de marzo de 2022)

  1. Aprobación, se procede, dos prezos dos complexos residenciais da Universidade de Vigo para o curso 2022/2023, consonte proposta do Consello de Goberno.
    Apróbase por asentimento.
  2. Liquidación do orzamento da Universidade de Vigo correspondente a 2021, consonte Real Decreto Lei 14/2012.
    O Pleno dá a súa conformidade.
  3. Outros asuntos. Informes de control e seguimento de normativas e regulamentos de xestión de servizos da Universidade de Vigo. Convenios.
    O Pleno dáse por informado.

Acordos e propostas da Comisión de Actividades e Servizos (reunión do 22 de febreiro de 2022)

  1. Aprobación, se procede, da axuda solicitada para elaborar un Barómetro que analice a empregabilidade sostible de estudantes de mestrado da Universidade de Vigo.
    Apróbase por asentimento.
  2. Aprobación, se procede, da axuda solicitada para a elaboración dunha enquisa sobre a inserción laboral dos titulados en grao e mestrado na Universidade de Vigo, no curso 2018/2019.
    Apróbase por asentimento.
  3. Aprobación, se procede, da colaboración do Consello Social coas actividades a desenvolver no Campus de Pontevedra.
    Apróbase por asentimento.
  4. Modificación das normas básicas para axudas do Consello Social. Outros asuntos.
    O Pleno dá a súa conformidade.
  1. Aprobación, se procede, dos prezos aplicables aos estudos propios, para o curso 2022/2023, acollidos ao Regulamento dos Programas de Formación Permanente da Universidade de Vigo.
    Apróbase por asentimento.
  2. Explicacións sobre o funcionamento e acceso á zona de Documentos da web do Consello Social. Pautas para mellorar a recepción e uso da documentación que se remite para as reunións.
  3. Rogos e preguntas.
    Interveñen: Elena Añel, Raquel Souto, Manuel Ramos,  Xosé Manuel Atanes e o Reitor.