Apróbanse a creación do Instituto de Física e Ciencias Aeroespaciais en Ourense, o cambio de nome da Fac. de Ciencias Sociais e da Comunicación, e a convocatoria Prácticums 2023 entre outras decisións

2023-01-02T12:02:28+00:0018 de Novembro de 2022|Pleno|

O venres, 18 de novembro de 2022, ás 12:00 horas, celebrouse sesión ordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da Orde do día:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (20.10.2022).
    Apróbase por asentimento.
  2. Informe do presidente.
  3. Informe do Reitor.
  4. Informe anual de Transparencia da Universidade de Vigo e da Memoria de Responsabilidade Social universitaria. Presentación do responsable da Unidade de Análises e Programas, David Basalo.
    O presidente agradece a exposición e reitera a dispoñibilidade do Consello Social a colaborar neste eido.
  5. Informe que proceda sobre a modificación dos títulos adscritos aos novos centros creados na Universidade de Vigo. (CG 31.10.2022).
    O Pleno informa favorablemente.
  6. Informe que proceda sobre a creación do Instituto Universitario de Física e Ciencias Aeroespaciais, no Campus de Ourense. (Consello de Goberno do 31.10.2022).
    O Pleno informa favorablemente.
  7. Informe que proceda sobre o cambio de nome da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. (Consello de Goberno do 31.10.2022).
    O Pleno informa favorablemente.
  8. Calendario e procedemento para a aprobación de verificación e modificación de títulos de Grao, Master e Doutoramento para o curso 2024/2025. (Consello de Goberno do 31.10.2022).
    O Pleno dáse por informado.
  9. Aprobación, se procede, dos prezos públicos aplicables ao Programa universitario para o emprego e a vida autónoma.
    Apróbase por asentimento.
  10. Asignación de complementos de recoñecemento a profesores pola labor docente e investigadora, correspondente á convocatoria 2021, consonte avaliación da ACSUG.
    O pleno acorda a asignación.
  11. Aprobación, se procede, dunha nova convocatoria de Prácticums para o ano 2023, e da dotación económica correspondente. Revisión das bases.
    Apróbase por asentimento.
  12. Informe sobre os convenios asinados pola Universidade de Vigo nos meses de setembro e outubro de 2022.
    O Pleno dáse por informado.
  13. Rogos e preguntas.
    Interveñen: César Blanco, o Reitor, Manuel Diz e Xosé Manuel Atanes.