Saltar ao contido

Carmen García Mateo

É enxeñeira de Telecomunicación (1987) e doutora en Enxeñaría de Telecomunicación pola Universidad Politécnica de Madrid (1993). A súa investigación céntrase na tecnoloxía da fala en galego e castelán, a segmentación de audio, o recoñecemento biométrico e a detección por voz de enfermidades neurodexenerativas. É catedrática da Área de Teoría do Sinal e Comunicacións na … Continúa

Ignacio Rodríguez Iglesias

Secretario do Consello Social da Universidade de Vigo. Nomeado o 16 de marzo de 2004. Licenciado en Ciencias da Información pola Universidad Complutense de Madrid.

Avelino Muleiro García

Licenciado en filosofía pola Universitat de Barcelona. Profesor de filosofía no Instituto Ausias March de Barcelona. Profesor de filosofía na Universidade de Santiago de Compostela. Catedrático de filosofía (IES Santa Irene e director no IES Alexandre Bóveda de Vigo). Subdirector Xeral de Educación da Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Fundador e director do … Continúa

Francisco Gustavo Izquierdo Martínez

Nomeado membro do Consello Social pola Orde do 10 de novembro de 2016 (DOG do 13 de decembro). Mestre industrial. Cursou mestrados en urbanismo e intelixencia emocional. Traballou durante 12 anos no departamento de enxeñaría de instalacións para o grupo PSA. En 1987, pasou a ser empresario. Primeiro funda IZMAR, proveedora de automoción e despois … Continúa

Mª de los Ángeles García Míguez

Nomeada membro do Consello Social pola Orde do 10 de xuño de 2021 (DOG do 25 de xuño). Licenciada en Psicoloxía pola USC. Másteres en “Axente de emprego” e en “Dirección e xestión de programas e centros xerontolóxicos socio-sanitarios”. Desenvolve o seu traballo como psicóloga sanitaria no centro de crise 24 horas para mulleres vítimas … Continúa

Xulio Calviño Rodríguez

Nomeado membro do Consello Social, en representación do Parlamento de Galicia, pola Orde do 10 de xuño de 2021 (DOG do 25 de xuño). Antes membro do Consello Social en representación do Concello de Vigo dende o ano 2011. Enxeñeiro Industrial pola Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais de Madrid. Profesor Titular de Escola Universitaria … Continúa

Mª Elvira Larriba Leira

Membro do Consello Social desde novembro de 2016, é licenciada en Xeografía e Historia (USC), con formación especializada en museoloxía (UCM) e formación directiva (IESE). Foi técnica de museos na Xunta de Galicia e no Museo Municipal de Vigo Quiñones de León. Docente, investigadora e coautora de publicacións sobre historia da arte e museoloxía. Desenvolveu … Continúa

Ernesto Pedrosa Silva

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Realizou o Curso superior en Dirección de Persoal e Recursos humanos certificado pola Xunta de Galicia. Foi profesor de Lexislación aplicada na Universidade de A Coruña, sendo distinguido coa Insignia de honra do Ilustre Colexio de Avogados pola súa traxectoria profesional. Avogado en exercicio dende o … Continúa

Universidade de Vigo