Informes

100 titulacións da Universidade de Vigo (1990-2015). Formación complementaria e especialización profesional das persoas tituladas

15 de Decembro de 2020|
100 titulacións da Universidade de Vigo (1990-2015). Formación complementaria e especialización profesional das persoas tituladas2020-12-22T10:17:32+00:00

Project Description

Este estudo culmina un ciclo iniciado en 2017 coa publicación de 71.487 persoas tituladas da Universidade de Vigo (1990-2015). Evolución da oferta académica. Alén disto, este traballo pretende reflectir cada unha das distintas titulacións agrupadas por ámbitos de coñecemento: Artes e Humanidades (17), Ciencias da Saúde (4), Científico (11), Tecnolóxico (28) e Xurídico-Social (40), distribuídos, segundo a tipoloxía de estudos, entre ciclos e graos.

En cada titulación son descritos aspectos como a súa vixencia (período comprendido entre a primeira e a última promoción, se así for), campus universitario (Ourense, Pontevedra e Vigo), distribución por xéneros, formación de posgrao, titulación universitaria adicional completada, si- tuación socio laboral actual e taxa de ocupación. Relativamamente ao posto de traballo actual das persoas que traballan é definida a rama de actividade, sector económico, área funcional de traballo, lugar de traballo e categoría profesional. Tamén se mostra a relación existente entre o traballo actual e os estudos realizados, ben como entre as exixencias deste e o nivel académico adquirido na UVigo.