Actos do presidente

As xornadas da Conferencia de Consejos Sociales analizaron os retos inadiables do sistema universitario

2020-02-21T18:48:42+00:0012 de Novembro de 2018|Actos do presidente, Novas|

O Presidente e o Secretario representaron o Consello Social da Universidade de Vigo nas xornadas da Conferencia de los Consejos Sociales de las Universidades (CCS), celebrada en Las Palmas de Gran Canaria os días 8 e o 9 de novembro, baixo o lema “Los retos inaplazables del Sistema Universitario Español: Nueva Gobernanza, Reputación, Internacionalización y Compliance”. Neles, expertos nacionais e internacionais analizaron os retos do sistema universitario para atender as necesidades dun novo contorno competitivo nun escenario global.

O presidente da Conferencia de los Consejos Sociales, Antonio Abril Abadín, lembrou a importancia do compromiso do Goberno coa nova Lei Orgánica de Universidades e da unidade dos axentes sociais para promover dita reforma. Os seus elementos esenciais configuran o Manifesto de Maspalomas, un documento de sete puntos que se presentou durante as xornadas, no que a Conferencia pide que se coloque a universidade no primeiro plano das preocupacións sociais e se poñan en marcha profundos cambios para que sexa posible despregar todo o potencial innovador que ten e responder así ás demandas reais da sociedade.

Durante as xornadas identificáronse e valoráronse os retos inadiables do sistema universitario, tales como: a elaboración de plans estratéxicos de internacionalización e de comunicación para ser máis visibles no mundo; a necesidade de incrementar e diversificar o financiamento;  a mellora da gobernanza universitaria e a práctica dunha xestión responsable; a importancia de gañar reputación social e consolidar as marcas das universidades; e tamén, a obriga estratéxica de seleccinar, atraer e reter o talento e mellorar a empregabilidade dos egresados. Para afrontar estes retos, incidiuse na necesidade de desenvolver unha estratexia de longo prazo para a educación superior coordinada coa estratexia de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación.