A Presidencia é a responsable de representar, dirixir, facer a planificación xeral da actividade do Consello Social e exercer calquera outra atribución que se lle encomende legal ou regulamentariamente.
Algunhas das funcións da presidencia son:
- Convocar, establecer a orde do día e dirixir as sesións do Consello Social.
- Informar e dar a coñecer as actividades do Consello Social que considere oportunas, sen prexuízo do que dispoñen as normas aplicables á publicación e á notificación oficiais dos acordos do Consello Social. O presidente ou presidenta será o único que poderá facer declaracións públicas en nome do Consello Social da Universidade de Vigo. Pode autorizar algún ou algúns vogais para intervencións concretas ou particulares.
- Velar polo cumprimento, por parte dos vogais do Consello Social, dos deberes que lles corresponden, segundo a lei e o presente regulamento, así como protexer e defender os dereitos que lles corresponden como tales.
- Autorizar os gastos da partida orzamentaria propia do Consello Social, de conformidade co procedemento establecido.
O Presidente actual
Persoas que ocuparon con anterioridade a Presidencia
Alfonso Zulueta presidiu o Consello do 7 de marzo de 1996 e o 24 de xullo de 2003.
Emilio Atrio Abad foi presidente entre o 24 de xullo de 2003 e o 21 de setembro de 2011.
Últimos actos e discursos do presidente
O Diario de Pontevedra faise eco do nomeamento como membro do executivo da CSSU e entrevista a Ernesto Pedrosa
O 29 de marzo o xornal de Pontevedra publica unha entrevista ao presidente do Consello Social da Universidade de Vigo e novo membro do comité executivo da Conferencia de Consejos Sociales de Universidades Españolas, Ernesto [...]
Renovación na CCSU: Ángela Santianes nova presidenta e Ernesto Pedrosa no Comité Executivo
A elección produciuse durante unha asemblea xeral celebrada en Madrid o 12 de marzo
Coa asistencia do presidente do Consello Social: Premio UViguala 2026 ao Vigo Rugby Club Feminino
A UVigo celebra o Día da Muller galardoando ao equipo máis lonxevo e que conta con máis xogadoras de Galicia
Altos niveis de emprego, salarios competitivos e satisfacción das persoas egresadas en 35 anos da UVigo
O estudo foi realizado polo Observatorio de Persoas Tituladas coa colaboración do Consello Social
San Tomé 2026 celebra o talento, o esforzo e o compromiso do estudantado da UVigo
No acto institucional, no que participou Ernesto Pedrosa, entregouse a cifra récord de 218 premios
Xornadas da Conferencia de Consejos Sociales en València: Converter o coñecemento en innovación e valor social
O presidente e o secretario do Consello Social asistiron en Válencia a este encontro
