O pasado venres 30 de maio, celebrouse o acto de graduación das novas promocións dos grados Administración e Direción de Empresas, Turismo e Consultaría e Xestión da Información da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense.
O evento levouse a cabo no Auditorio Municipal da cidade, contando coa presenza do reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato; o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez; a decana da Facultade Elena Rivo e o presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa.
“Actos como este debieran ser celebrados, aplaudidos e estimulados”, sinalaba orgulloso Pedrosa, “porque aquí estase certificando a formación de cidadáns razoables, críticos e preparados que han de constituír un soporte fundamental no desenvolvemento, na mellora e na calidade do futuro que nos espera a todos”.
… “a educación é o camiño” aseguraba o presidente.