O pasado xoves 11 de setembro, na sala I do Edificio Miralles, tivo lugar unha xornada sobre a responsabilidade dos directivos e outros cargos públicos nun contexto de crise, organizado polo Consello Social da Universidade de Vigo coa colaboración do Vicerreitorado de Economía e Planificación, de Xerencia e da Xefatura do Servizo de Control Interno.Durante a inauguración contouse coa presenza de Ernesto Pedrosa, presidente do Consello Social, do xefe do Servizo de Control Interno, Jesús Graña Nogueiras, e do reitor, Salustiano Mato de la Iglesia.
Dirixida a directivos e directivas públicos, altos cargos, empregados e empregadas públicos, sindicatos, asociacións vinculadas á defensa da administración pública, instancias educativas, consellos sociais e comunidade universitaria en xeral, esta xornada centrouse en como se ven afectados, no actual contexto de crise económica, os órganos das universidades, nun momento no que o control dos recursos públicos e a rendición de contas se converteron nun indicador básico e nun obxectivo prioritario. Para isto, contouse coa maxistrada especialista do Contencioso-Administrativo do TSX de Galicia, María Dolores Galindo Gil, co maxistrado especialista do Contencioso-Administrativo do TSX de Galicia, José Ramón Chaves García, co fiscal xefe da Fiscalía de Contas de España, Olayo Eduardo González Soler e co síndico da Sindicatura de Contas do Principado de Asturias, Antonio Arias Rodríguez, como relatores.
Ver nova no DUVI (Diario da Universidade de Vigo)
Fotografías tomadas polo DUVI durante a xornada: