Histórico

Presentación do curso de formación que impartiu o grupo Mediaset na Facultade de CC SS e da Comunicación

2018-10-19T11:46:56+00:007 de Novembro de 2014|Novas, Prensa|

O día 19 de setembro tivo lugar, na Casa das Campás, a presentación do curso de formación que  que  ía ser impartido polos responsables do grupo Mediaset, na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, desde ese mesmo día ata o 7 de novembro. Este curso está incluido no marco dun convenio que asinaron Mediaset España e o Consello Social da Universidade de Vigo no ano 2013. Na rolda de prensa estivo presente Ernesto Pedrosa, o presidente do Consello Social xunto co director de contidos de Mediaset Manuel Villanueva, co vicerrector do campus Juan Manuel Corbacho e coa decana da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación Emma Torres.

Este curso supón a oportunidade de coñecer todas as fases de traballo dunha produción audiovisual da man dos directivos dun grupo empresarial como Mediaset España, xa que son oito responsables do grupo os encargados de impartilo, entre os que se atopan o director de contidos, Manuel Villanueva, e o director xeral, Paolo Vasile.

Fotos tomadas polo DUVI (Diario da Universidade de Vigo) durante a presentación:

Ver nova no DUVI

Ver nova no Faro de Vigo 

Ver nova no Diario de Pontevedra

Ver nova en Suplemento Universitas (Atlántico Diario)

Ver nova en Suplemento Universitas (La Región)

Ver nova en PontevedraViva.com