Colaboracións e patrocinios

As II Xornadas Internacionais de Literatura Infantil e Xuvenil contan co patrocinio do Consello Social

2018-10-19T19:07:25+00:006 de Febreiro de 2015|Colaboracións e patrocinios|

As II Xornadas Internacionais de Literatura Infantil e Xuvenil que organiza a Escola Universitaria CEU de Maxisterio de Vigo contan co patrocinio do Consello Social. Estas xornadas, que terán lugar os días 6 e 7 de marzo deste ano, tratarán de diversas áreas de coñecemento e están dirixidas tanto a presentes como a futuros docentes de Educación Infantil e Primaria. e a investigadores do eido da literatura infantil e xuvenil, principalmente.  Nesta ocasión, o tema central será os valores educativos.