Comisión de actividades e servizos

A Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo e o PAS, últimos beneficiarios das axudas concedidas pola Comisión de Actividades e Servizos

2018-10-19T19:06:51+00:0028 de Maio de 2015|Comisión de actividades e servizos|

O venres, día 22 de maio de 2015, ás 12:20 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión de Actividades e Servizos do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

LUGAR: Sala II do Edificio Miralles – Campus de Vigo

DATA: 22.05.2015

HORA DE COMEZO:  12.20 h.

HORA DE REMATE:   13.50 h.

            ORDE DO DÍA

1.      Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (21.04.2015).
2.      Informe do presidente. Asuntos varios.

a.      Modificación Prácitum Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo

b.      Modificación programa dela “I Xornada sobre a presunción de inocencia e a reforma da xustiza penal”.
c.       Memoria completa das actividades celebradas na E.U de Estudos Empresariais do Campus de Vigo, “I Xornada da empresa-comercio”.
3.      Acordo que proceda á petición de axuda presentada para a celebración das xornadas científicas internacionais “O financiamento dos portos de España na UE: custes e beneficios para os operadores aeroportuarios”, organizado pola Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo.
4.      Acordo que proceda sobre a solicitude de axuda para o desenvolvemento “II ciclo de conferencias de dereito concursal”, organizado polo Departamento de Dereito Privado.
5.      Acordo que proceda sobre a petición de axuda para a participación do equipo representativo da UVigo no XXXIII Campionato nacional de fútbol-sala do PAS.

ACORDOS ADOPTADOS

Apróbase por asentimento a acta da sesión anterior (21.04.2015).

 

Aproba unha axuda de 2.000 euros para a celebración das xornadas científicas internacionais “O financiamento dos portos de España na UE: custes e beneficios para os operadores aeroportuarios”, organizado pola Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo.

Concede unha axuda de 1.250 euros para o desenvolvemento do “II ciclo de conferencias de dereito concursal”, organizado polo Departamento de Dereito Privado.

Concede unha axuda de 2.500 euros para a participación do equipo representativo da UVigo no XXXIII Campionato nacional de fútbol-sala do PAS.

 Solicítase ao presidente, don Ernesto Pedrosa Silva, que se reactive a elaboración e aplicación do Regulamento disciplinario da Universidade de Vigo. Petición de don Julio Estévez.

Solicítase ao presidente, don Ernesto Pedrosa Silva, que, ante a sinatura do convenio de docencia compartida de Medicina, propoña ao reitor a constitución dun Comité asesor formado por un membro do Consello de goberno da Universidade de Vigo, outro do Consello Social e un terceiro do Colexio médico de Pontevedra. Petición de don Julio Estévez.