O pasado mércores 6 de maio, tivo lugar a entrega dos Premios Pontevedreses 2014, outorgados polo Diario de Pontevedra. Nesta gala, a Universidade de Vigo recibiu o galardón da categoría de investigación pola labor que leva desenvolvendo neste eido durante os seus 25 anos existencia. O reitor da Universidade, Salustiano Mato, foi o encargado de recoller o premio, pero estivo acompañado por outros representantes da institución, o presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa Silva, e o vicerreitor do campus de Pontevedra, Juan Manuel Corbacho.
Durante o seu discurso, Salustiano Mato afirmou que “este premio é un orgullo para a Universidade e lévanos a seguir adiante con máis forza cos nosos plans de facer da Universidade en Pontevedra unha referencia, un músculo para a cidade e a súa comarca”.