Histórico

O Pleno do Consello Social aproba a liquidación das contas da Universidade de Vigo de 2014

2018-10-19T19:06:37+00:002 de Xullo de 2015|Pleno|

O venres, día 26 de xuño de 2015, ás 11:05 horas, celebrouse sesión ordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da Orde do día:

 

LUGAR: Sala de xuntas da Reitoría – Campus de Vigo

DATA:    26.06.2015

HORA  DE COMEZO:   11.05 horas

HORA DE REMATE:    12.40 horas

 

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (15.04.2015)
  2. Informe do Presidente.
  3. Informe do Reitor.                                                                                                             Propostas resoltas favorablemente pola Comisión Executiva (sesión de 21 de maio de 2015). Acordos e Informes.
  4. Informe previo para a creación da Empresa QUANTUM INNOVATIVE, S.L como EBT da Universidade de Vigo e autorización para participación no seu capital social.
  5. Acordo sobre a asignación de complementos por excelencia curricular docente e investigadora, consonte resolucións da CGIACA de 19 de marzo de 2015 e 20 de outubro de 2014.
  6. Proposta de novo Regulamento de organización e funcionamento do Consello Social, para someter a aprobación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
  7. Outros acordos (Taxas, memorias finais de cursos propios. Conclusións do primeiro ‘Mapa de empregabilidade’ dos egresados universitarios a través dos datos da Seguridade Social).                                                                                                   Propostas informadas favorablemente pola Comisión Económica (sesión de 18 de xuño 2015).
  8. Liquidación das contas da Universidade de Vigo correspondentes ao exercicio 2014. Informe de auditoría e Memorando de recomendacións.
  9. Contas anuais e informe de auditoría 2014 de Cidade Tecnolóxica de Vigo (CITEXVI).
  10. Contas anuais e informe de auditoría 2014 da Fundación Universidade de Vigo (FUVI).
  11. Contas anuais e informe de auditoría 2014 de Cidade Universitaria S.A (CUSA).
  12. Prórroga do contrato con ATD para a elaboración do informe de auditoría e Memorando de recomendacións sobre as contas da Universidade de Vigo correspondente ao exercicio 2015.
  13. Supervisión e autorización de modificacións orzamentarias da Universidade de Vigo.
  14. Informe sobre os convenios asinados pola Universidade de Vigo nos meses de abril e maio de 2015.
  15. Acordos da Comisión de Actividades e Servizos (sesión de 21 de abril de 2015). Comunicación de asuntos tratados.
  16. Acordos da comisión de Actividades e Servizos (reunión de 22 de maio de 2015). Comunicación de asuntos tratados.
  17. Informe sobre o Decreto que fixa os prezos dos estudos dos títulos oficiais no sistema universitario de Galicia para o Curso 2015/2016.
  18. Rogos e preguntas.

 

ACORDOS ADOPTADOS

Apróbase por asentimento a acta da reunión anterior (15.04.2015)

Infórmase favorablemente a creación da Empresa QUANTUM INNOVATIVE, S.L como EBT da Universidade de Vigo e a autorización para participar no seu capital social.

Acórdase a asignación de complementos por excelencia curricular docente e investigadora, consonte resolucións da CGIACA de 19 de marzo de 2015 e 20 de outubro de 2014.

Acórdase elevar a proposta do novo Regulamento de organización e funcionamento do Consello Social para someter á aprobación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Dase por informado das taxas e memorias finais de cursos propios, así como das conclusións do primeiro ‘Mapa de empregabilidade’ dos egresados universitarios a través dos datos da Seguridade Social.

Apróbanse as contas da Universidade de Vigo  correspondentes ao exercicio 2014.

Apróbanse as contas anuais e informe de auditoría 2014 de Cidade Tecnolóxica de Vigo (CITEXVI).

Apróbanse as contas anuais e informe de auditoría 2014 da Fundación Universidade de Vigo (FUVI).

Apróbanse as contas anuais e informe de auditoría 2014 de Cidade Universitaria S.A (CUSA).

Apróbase a prórroga do contrato con ATD para a elaboración do informe de auditoría e Memorando de recomendacións sobre as contas da Universidade de Vigo correspondente ao exercicio 2015.

Dá a súa conformidade para as modificacións orzamentarias da Universidade de Vigo.

Dase por informado sobre os convenios asinados pola Universidade de Vigo nos meses de abril e maio de 2015.

Dase por informado sobre os acordos da Comisión de Actividades e Servizos (sesión de 21 de abril de 2015).

Dase por informado sobre os acordos da comisión de Actividades e Servizos (reunión de 22 de maio de 2015).

Emite informe favorable sobre o Decreto que fixa os prezos dos estudos dos títulos oficiais no sistema universitario de Galicia para o Curso 2015/2016.