O pasado xoves, día 24 de xullo, tivo lugar en Ourense unha reunión ordinaria do Pleno do Consello Social, na que se aprobou por unanimidade a implantación do grao de Enxeñaría Aeroespacial. O presidente do Consello Social, don Ernesto Pedrosa Silva, subliñou que esta titulación constitúe un “título único en Galicia, con pouca competencia en España, unha aposta de vangarda” pola “que mereceu a pena agardar” pois “vai permitir unha proxección nova no ámbito social e universitario”. Pola súa banda, o reitor da Universidade de Vigo, don Salustiano Mato, fixo especial fincapé en que “a proposta vai con todos os coidados e avais para que sexa aprobada”, quedando agora en mans da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, ACSUG, o trámite final.
Ademais da aprobación deste grao, os membros do Pleno abordaron a proposta da posta en funcionamento do Máster Universitario en Deseño e Dirección Creativa en Moda, as modificacións de diversas titulacións e varios acordos de carácter académico e económico da Comisión de Actividades e Servizos.
Fotos tomadas por el Diario de la Universidade de Vigo: