Histórico

Sesión ordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo 29.12.15

2020-02-21T12:58:53+00:0015 de Xaneiro de 2016|Pleno|

O martes, día 29 de decembro de 2015, ás 11:30 horas, celebrouse sesión ordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo onde se acordaron os seguintes puntos:

ACORDOS

PUNTO 1
•Apróbase por asentimento a acta da reunión anterior (23.07.2015).
PUNTO 2
•Informe do presidente sobre o Orzamento para o 2016.
PUNTO 3
•Informe do Reitor do plan de financiamento.
PUNTO 4
•O Pleno dáse por informado dos acordos, taxas, memorias e informes.
PUNTO 5
•O Pleno dá a súa aprobación á convocatoria de Prácticums para o curso 2015/2016.
PUNTO 6
•O Pleno dá a súa aprobación á participación da Universidade de Vigo na creación da Fundación Centro de Innovación Aeroespacial de Galicia.
PUNTO 7
•O Pleno dáse por informado doutros acordos.
PUNTO 8
•O Pleno dáse por informado de acordos, patrocinios, axudas e informes
PUNTO 9
•O Pleno dá a súa conformidade á adxudicación definitiva das Bolsas-colaboración concedidas á UVigo para o curso 2015/2016.
PUNTO 10
•O Pleno dáse por informado dos acordos, axudas e patrocinios.
PUNTO 11
•O Pleno dáse por informado do informe sobre o Plan galego de financiamento universitario 2015-2020.
PUNTO 12
•O Pleno dáse por informado do informe sobre o novo modelo de financiamento dos centros da Universidade de Vigo.
PUNTO 13
•O Pleno dá a súa conformidade ao informe sobre o teito de gasto da UVigo para o exercicio 2016, consonte ao disposto no Real Decreto Lei 14/2012, de 20 de abril.
PUNTO 14
•O Pleno aproba o orzamento da UVigo para o exercicio 2016. (Acordo Consello de goberno de 21 de decembro de 2015)
PUNTO 15
•O Pleno dáse por informado da previsión de cumprimento pola UVigo da obriga de elaborar a liquidación do orzamento antes do 1 de marzo de 2016 (Real Decreto Lei 14/2012, de 20 de abril).
PUNTO 16
•O Pleno dáse por informado dos convenios asinados pola UVigo nos meses de agosto, setembro, outubro e novembro de 2015.
PUNTO 17
•O Pleno dáse por informado doutros asuntos tratados na Comisión Económica.
PUNTO 18
•O Pleno informa favorablemente sobre a denominación Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía.
PUNTO 19
•O Pleno dá a súa conformidade á reasignación de competencias ás Comisións delegadas do Consello Social, para adecualas ao Regulamento interno aprobado o pasado 4 de agosto.
PUNTO 20
•O Pleno dá a súa aprobación ás liñas xerais do orzamento do Consello Social para 2016.
PUNTO 21
•O Pleno dá a súa aprobación a proposta do Plan de actuacións do Consello Social para 2016.
PUNTO 22
•Rogos e preguntas.
Vº. e pr.,
O presidente do Consello Social, O secretario,

Ernesto Pedrosa Silva Ignacio Rodríguez Iglesias