Comisión de actividades e servizos

Primeira reunión ordinaria do ano da Comisión de Actividades e Servizos do Consello Social

2020-02-21T12:59:11+00:005 de Febreiro de 2016|Comisión de actividades e servizos|

O mércores, día 3 de febreiro de 2016, ás 12:10 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión de Actividades e Servizos do Consello Social da Universidade de Vigo onde se aprobaron os seguintes puntos.

PUNTO 1

Apróbase por asentimento a acta da sesión anterior(30.11.2015).
PUNTO 2
Informe do presidente sobre o estudo da percepción laboral dos estudantes da Universidade de Vigo.
PUNTO 3
Apróbase unha axuda para a organización en Pontevedra da “V edición do salón da educación e da formación EDUGAL.
PUNTO 4
Apróbase a creación do Premio Consello Social á Innovación Social.
PUNTO 5
Apróbase unha axuda para a celebración da “I Xornada sobre dereito deportivo”, prevista na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo do Campus de Vigo, e retransmitida ao Campus de Ourense.
PUNTO 6
Apróbase unha axuda para a celebración en Ourense dun ciclo de conferencias e mesas de debate sobre o “Cambio climático: visións interdisciplinarias tras a COP21”.
PUNTO 7
Apróbase unha axuda para a colaboración do Consello Social coa carreira HappyGoRunning no Campus Lagoas – Marcosende.
PUNTO 8
Apróbase unha axuda para a organización do Seminario “A Comunicación en Latinoamérica: Actores, Medios e Estratexias. Unha visión dende Brasil”, previsto na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación do Campus de Pontevedra
PUNTO 9
A Comisión informa favorablemente sobre a proposta de creación dun Observatorio de egresados da Universidade de Vigo
PUNTO 10
Apróbase unha axuda para desenvolver actividades que favorezan a contratación e empregabilidade dos estudantes das escolas técnicas do Campus de Vigo
PUNTO 11
Rogos e preguntas.

E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión ás 13:20 horas do 3 de febreiro, da que eu como secretario dou fe, co visto e prace do presidente.